Día Mundial do Corazón
O 29 de setembro celébrase este Día Mundial que nos lembra a importancia da saúde cardiovascular.
Cunha simple promesa… «para o meu corazón, para o teu corazón, para todos os nosos corazóns», este ano preténdese recalcar a importancia de introducir pequenos cambios na nosa vida e na das persoas da nosa contorna –hábitos, alimentación– que darán beneficios para a nosa saúde.
Esta celebración ofrécenos a oportunidade para comprometernos con este cambio, mellorando a nosa calidade de vida e axudándonos a ter un corazón máis forte e san.
Recomendacións que nos axudarán a conseguir un envellecemento saudable:
– Hai que evitar a vida sedentaria: manter corpo e mente activos, axudará a que nos sintamos mellor.
– Debemos facer exercicio con regularidade ou, cando menos, camiñar, subir as escaleiras en lugar de utilizar o ascensor…
– Coidar a alimentación: evitar graxas, azucres, toxinas… Hai que cociñar e comer de xeito saudable. Somos o que comemos.
– Non esquecer incluír na dieta froitas e verduras, froitos secos e aceite de oliva, como parte esencial da mesma.
– Ter coidado co sal, sobre todo se temos hipertensión arterial.
– Levar unha dieta saudable, que evite as enchentes, sobre todo nas ceas, e mastigar ben os alimentos.
– Evitar o consumo tanto de alcol como de tabaco
– Son importantes os controis médicos regulares: vixiarán a presión arterial, os niveis de colesterol, a glucosa en sangue e tamén o peso.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal