CASTELLANO
 
O plátano: unha fonte de enerxía e vitaminas que vén envolto na súa propia funda de transporte -por suposto, biodegradable-, que non mancha cando se abre coas mans, que se pode comer pola mañá, como sobremesa e entre horas, que gusta a todas as xeracións e que só achega unhas poucas calorías máis ca a mazá.

Un superalimento que incluso pode adecuarse aos gustos de cada consumidor, pois é máis ou menos doce en función do seu grao de maduración: canto máis maduro, máis doce.

Só hai que ter coidado cos plátanos verdes, que só deben comerse cociñados para evitar que resulten indixestos. Mais incluso nisto o plátano é fantástico, pois a presenza de amidón no plátano verde é alta e iso permite o seu cociñado. De feito, nalgunhas culturas o plátano verde cociñado é un prato de bandeira.

 

Tampouco engorda, salvo que se abuse e se coman máis de dúas pezas por día. Iso faino interesante tamén para a xente que coida da súa figura e fai deporte, unha actividade á que o plátano se atopa moi asociado. Quen non viu o gran Rafa Nadal comer plátano nun partido? A razón é que o plátano achega hidratos de carbono, magnesio e potasio: unha marabilla para combater o esforzo, porque estes compoñentes axudan á resposta muscular e o equilibrio hídrico, axudando a previr cambras.

 

Outras achegas do plátano como o ácido fólico -esencial para previr a espiña bífida en embarazos- ou a fibra, beneficiosa para o tránsito intestinal, corroboran hoxe en día un lema que se fixo famoso cando a televisión era en branco e negro: todos os días un plátano, polo menos. Excepción: non debe consumilo quen padeza insuficiencia renal.

 

Os usos gastronómicos do plátano son moitos, alén do seu delicioso sabor en solitario. Está presente en tortas e tortaletas, mesturado con muesli, en batidos, mis tamén en chulas de bacallau e plátano, enfornados con taquiños de xamón e queixo relado, en tosta con aguacate e mel e, no verán, asados lentamente á grella. Deliciosos.

 

©Comesaudable, GB Corporación 2022. Aviso Legal

(Visited 136 times, 1 visits today)