CASTELLANO

 

O faláfel é unha croqueta de garavanzos, ou fabas, proveniente de Oriente Medio, que se deu a coñecer en Occidente a través de restaurantes de comida oriental e vexetariana.

Aínda que de orixe incerta, pénsase que é orixinario da India. Está moi estendido nos países árabes, onde se elabora con fabas, garavanzos ou unha combinación de ambos.

É un prato fácil de preparar. A diferenza do hummus (puré de garavanzos, previamente cocidos, para untar) e doutras albóndegas, os garavanzos ou fabas non se cocen, simplemente póñense en auga para conseguir abrandalos e, posteriormente, tritúranse. Para formar a pasta habitualmente engádese allo e coandro, que dan á pasta un sabor único. Elabóranse unhas albóndegas achatadas con esta pasta que se friten en aceite. Adoita servirse como entrante, acompañado dun mollo de iogur.

É un prato saudable, con moitos séculos de historia, que se pode elaborar e presentar de múltiples maneiras. Ademais, é unha forma sinxela de comer legumes e beneficiarse das súas múltiples propiedades.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 70 times, 1 visits today)