A nectarina
O mes de maio chega cargado de variadas e saborosas froitas de tempada. Unha delas é a nectarina. Unha froita moi saudábel, con gran proporción de auga, rica en fibra, depurativa y pouco calórica.
Tamén coñecida por pelón, pavía (Aragón) ou briñón, cultívase sobre todo en Lleida, Huelva, no val do Jerte (Estremadura) e na serra de Gredos.
Aínda que ata fai pouco se pensaba que esta froita era o resultado dun enxerto de ameixeira e pexegueiro, actualmente considérase unha variedade de pexego con pel lisa, sen pelo, consecuencia de mutacións naturais.
A nectarina ten unha cor vermella intensa e un sabor doce (o seu nome fai referencia ao néctar). Hai dúas variedades principais, unha con polpa branca (un pouco máis aceda) e outra con polpa amarela (máis doce).
No momento de comprala, hai que elixir a que ten a pel lisa e brillante, non excesivamente duras, ben madura e aromática.
É unha froita moi fráxil, hai que andar con coidado ao manipulala, xa que se estraga facilmente. Consérvase ben a temperatura ambiente e no frigorífico pode durar varias semanas.
Ademais de consumilas crúas, tamén se empregan como ingrediente en ensaladas, salsas e en repostería: marmeladas, compotas, xeados, xeleas, biscoitos…
Beneficios nutricionais
É unha froita moi saudábel, dixestiva e cun elevado poder saciante. As nectarinas teñen unha gran porcentaxe de auga, 87 gramos de cada 100, y e unha achega mínima de calorías, 100 gramos non engaden más de 43 kcal. Ademais, é rica en fibra, reforza o sistema inmunitario e é unha opción ideal para baixar o colesterol.
Achega vitamina C e minerais como o calcio, fósforo, magnesio e potasio.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal