CASTELLANO

 
Desde hai uns anos, o concepto esencial das tendencias alimentarias mantense estable: é a alimentación saudable. Decidir o que é saudable é un tema distinto, porque se, por exemplo, comemos sempre e unicamente o mesmo alimento saudable, estaremos a alimentarnos dun xeito perigosamente inadecuado. A clave que actualmente se impón é unha dieta variada e equilibrada, cos hidratos como compañeiros dunha inxestión que teña un 25 % de proteína e un 50 % de vexetais.

O concepto de alimentación saudable concrétase en intereses máis específicos, en tendencias concretas. Como dato groso, as procuras en Google sobre alimentación aumentaran moito nos últimos anos, con protagonismo destacado para conceptos como healthy, bio, celíaco ou veggie. Healthy (saudable) é un concepto protagonista nas procuras, en 2019 buscouse 5,4 millóns de veces só en España. Estas tendencias continúan a medrar. Resúmense nunha inxestión de proteína animal que diminúe progresivamente.

O sector produtivo tamén é sensíbel a esa orientación do mercado e, por exemplo, un terzo das vides catalás dedicadas a viño son ecolóxicas certificadas, unha proporción simplemente inimaxinable hai uns anos. Ademais, cada vez é máis abundante a oferta de alimentos baixo un enfoque saudable, e medra o interese na cociña de aproveitamento.

O segundo gran concepto é proximidade. Os produtos locais, que están a afianzarse desde hai uns anos, suscitan unha gran simpatía tanto desde o punto de vista da economía da contorna do consumidor como en termos medioambientais: a maior proximidade, menor pegada de carbono, aínda que non sexa así necesariamente.

A transparencia é outro concepto fundamental: que os estudos que ás veces se empregan como soporte pare vender as vantaxes dun alimento ou un prato sexan reais e fiables, mais tamén que as etiquetas sexan máis claras e comprensibles. Indicativos como Nutriscore son eficaces para que o consumidor poida guiarse de xeito rápido e fiable.

Continúa a guerra ao plástico. É unha das materias pendentes da industria alimentaria, mais vaise gañando esta difícil pelexa, e son cada vez máis os envases e filmes protectores que exhiben a súa proporción de material reciclable.

O fogar tamén será protagonista, sobre todo mentres vivamos baixo a ameaza da pandemia, non só como receptor de comida (a comida a domicilio crece, a oferta de comida a domicilio multiplícase) senón como lugar no que volver atoparse coa cociña, os guisos e as receitas cunha visión integradora da propia familia: os fogares familiares buscan unha alimentación que satisfaga a todos os seus membros.

 

©Comesaudable, Madrid 2020. Aviso Legal

(Visited 20 times, 1 visits today)