Que son as froitas climatéricas?
As froitas climatéricas son as que poden continuar a madurar despois de recollelas. Estas froitas, como parte do proceso de maduración, incrementan a produción de etileno, unha hormona natural que liberan en forma de gas. O etileno acelera a maduración dunha froita climatérica se a colocamos preto doutra que xa estea madura.
– Froitas climatéricas: mazá, plátano, pera, ameixa, albaricoque, melón, aguacate, figo, kiwi, tomate, chirimoia, sandía, pexego, caqui…
As froitas non climatéricas, pola contra, deben recollerse cando estean listas para seren consumidas, xa que se se recollen verdes, só se porán brandas e podrecerán sen teren madurado. Cando vaiamos compralas, temos que coller as de mellor aspecto e consumilas de xeito rápido.
– Froitas non climatéricas: laranxa, framboesa, cereixa, amorodo, uva, limón, pemento, piña, cogombro, arando, pomelo, cabaza…
É importante que a froita madure na planta, para que teña todos os nutrientes e un gusto óptimo. Así, en moitos comercios vemos froitas maduras que, probablemente, se arrincaron cando aínda estaban excesivamente verdes. Isto débese a que, antes da colleita, se calcula o tempo do transporte, almacenamento e distribución. Por esta razón, é recomendable consumir produtos locais, máis frescos e saudables.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal