As enfermidades respiratorias vólvense máis frecuentes nesta época do ano e non somos poucos os que acudimos a alimentos ricos en vitamina C coa finalidade de reducir a súa incidencia. Porén, realmente serve a vitamina C para previr gripes e arrefriados?

Vitamina C e sistema inmunitario

A vitamina C é un nutrinte moi vinculado ás defensas do organismo, e isto é así porque a evidencia sinala que ten funcións antiinflamatorias e antioxidantes que poderían influír no sistema inmunitario.

«A vitamina C podería ser de moita axuda para mellorar as defensas do organismo.»

Os estudos conclúen que a vitamina C inflúe sobre as células do sistema de defensas estimulando a súa produción e, así, podería favorecer o desenvolvemento de anticorpos, así como ser de moita utilidade para previr infeccións de diferentes tipos.

Por todo isto, a vitamina C en medio dunha dieta saudable podería ser de moita axuda para mellorar as defensas do organismo. Mais serve especificamente para previr gripes e arrefriados?

Vitamina C, gripes e arrefriados

A xulgar pola súa influencia no sistema de defensas do organismo, a vitamina C e outros nutrientes son importantes para previr gripes, arrefriados e outro tipo de enfermidades.

«A vitamina C e outros nutrientes son importantes para previr gripes e arrefriados.»

Porén, a evidencia específica sobre o tema é contraditoria, xa que investigacións realizadas en nenos sinalan que a vitamina C non contribúe á prevención de infeccións respiratorias altas como é o caso da gripe ou o arrefriado, aínda que si reduciría a duración unha vez presente.

O mesmo conclúe un estudo publicado en British Journal of Nutrition que sinala que a incidencia de arrefriado non se modifica ante a suplementación con vitamina C a respecto do placebo.

Outras investigacións apoian o antes dito e sinalan que a vitamina C si podería reducir síntomas e duración dun arrefriado común.

Porén, dada a súa influencia sobre o sistema de defensas, a axeitada inxesta de vitamina C aconséllase para previr infeccións respiratorias como un arrefriado ou unha gripe, tal e como sinala un estudo publicado en 2007.

En conclusión, para coidar toda a saúde e afastarnos de todo tipo de enfermidades, é preciso inxerir a vitamina C en cantidades axeitadas, no dunha dieta equilibrada e outros hábitos de vida sans.

Os mellores alimentos para obter vitamina C

A vitamina C é un nutrinte que abonda entre os alimentos de orixe vexetal e, por iso, a mellor forma de sumala á dieta é garantindo o consumo de cinco racións diarias de froitas e verduras.

Ademais dos cítricos, debemos considerar que a papaia, as grosellas, os pementos, as coles e outros alimentos vexetais concentran moita vitamina C, sendo ademais fonte doutras substancias inmunomoduladoras e con función antioxidante que tamén poderían ser de axuda para afastarnos de enfermidades como a gripe ou os arrefriados.

Gabriela Gottau

Fuente: Directo al paladar

https://www.directoalpaladar.com/salud

 

(Visited 49 times, 1 visits today)