CASTELLANO

 

A nosa alimentación debe estar baseada en hortalizas e froitas (e, especialmente, máis en hortalizas que en froitas) e, aínda que para moitos de vós esta afirmación é obvia, para moitas outras persoas non o é, e nin sequera teñen esta información porque durante anos, a pirámide nutricional, que é o pouco que a maioría puidemos ver na escola sobre alimentación e nutrición, fixo crer que o máis importante na dieta son os hidratos de carbono, pan, patacas, pasta, arroz…

«Ademais de consumir verduras e froitas como base da nosa alimentación, debemos ter en conta como as conservamos, como as manipulamos, como as cociñamos…»

E non hai tanto que a Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) actualizou a súa «Pirámide da alimentación saudable», e os cereais, as patacas e demais seguen na base da pirámide, polo que lles dan máis importancia que ás verduras e froitas que están na parte superior.

Os expertos «sen patrocinadores» téñeno claro: Hai que dar prioridade ao consumo de froitas, verduras e hortalizas fronte a outros grupos de alimentos. Tendo en conta que a poboación en España consome os cereais en forma refinada na súa inmensa maioría, non ten sentido pór este grupo de alimentos na base, xa que son produtos de baixa densidade nutricional mais alta densidade calórica.

Pois ben, ademais de tomar a recomendación de que as hortalizas e as froitas conformen a metade do noso prato (a outra metade repártese entre hidratos de carbono e proteínas), podemos tomar nota dos 10 consellos para conservar e potenciar o valor nutritivo de froitas e verduras que proporciona a través dunha infografía a asociación 5aldía.org.

  1. Evita almacenamentos prolongados na neveira
  2. Aproveita, na medida do posible, as capas e follas exteriores
  3. Lava as pezas enteiras e córtaas posteriormente
  4. Elixe o consumo en fresco, cru e sen pelar, cando o alimento o permita
  5. Evita ao máximo a exposición a factores que poden diminuír o contido de minerais e vitaminas: luz, calor excesiva, remollos excesivamente prolongados, osíxeno, etc.
  6. Pelar, relar, licuar e/ou cortar as froitas e hortalizas xusto antes de consumilas
  7. A menor tempo de cocedura, menor perda de nutrientes
  8. Se se cociña para varios días, arrefriar en frigorífico e conxelar
  9. Engadir un chorro de vinagre ou de zume de limón na auga de cocción se o cambio de sabor non altera a aceptación do prato
  10. Non abusar do sal engadido

 

Fuente: Gastronomia&Cía

https://gastronomiaycia.republica.com

(Visited 70 times, 1 visits today)