Santiago trae as béveras e os figos leva Santa Tegra
Os figos e as béveras son os froitos dunha variedade de figueiras denominadas bíferas, aquelas que teñen dúas frutificacións ao longo do ano.
O primeiro froito, as béveras, recóllese desde finais de maio ata xullo, coas primeiras calores. A súa cor externa é morada e o interior é vermello vivo. A diferenza dos figos, as béveras son de maior tamaño e teñen unha pel máis fina. Menos doces, a súa proporción de auga é maior. Comercialízanse preferentemente para o seu consumo fresco.
Os figos, segunda frutificación, comezan en agosto e esténdense durante todo o mes de setembro (o día de Santa Tegra é o 23 de setembro). Verdes por fóra, o seu interior pode ir do branco ao rosado suave. Máis pequenos e aromáticos, a súa pel é grosa. Son moi doces e empréganse tanto para comer cruz como para marmeladas e confeituras.
Os figos que non maduren antes da chegada dos primeiros fríos quedarán hibernando ata comezos do verán seguinte, frutificando como novas béveras. De aí o refrán Santiago trae as béveras e os figos leva Santa Tegra.
Cunha importante achega enerxética, ambos froitos caracterízanse pola súa riqueza en fibra vexetal, azucres, vitaminas A e C e minerais, como o magnesio, potasio, calcio e fósforo.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte «Come saudable»
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal