CASTELLANO

 

Moitas persoas asocian fungos e setas, sen teren moi claro que diferencia hai entre eles. Ambos reprodúcense principalmente nas fragas, terras ermas, fentais e prados.

O fungo componse sempre de dúas partes, unha non visible (micelio) e outra visible durante algúns meses. A parte non visible sempre está e a visible pode que apareza. Esta última sería o cogomelo. Polo tanto, o fungo é a parte que se atopa debaixo da terra, mentres que o cogomelo é a parte visible. Así, os cogomelos tamén se coñecen como fungos comestibles.

En definitiva, todos os cogomelos están nos fungos, mais non todos os fungos producen cogomelos. Os cogomelos serían a frutificación do fungo.

Algúns dos fungos e cogomelos máis coñecidos:

  • Champiñón, con baixo contido calórico, a súa porcentaxe de fibra favorece o efecto saciante.
  • Andoas, adoitan medrar en carballeiras, aínda que tamén se atopan entre os piñeiros e poden chegar a ter un gran tamaño.
  • Níscaros, coa súa carne compacta e densa. Achega moitos minerais e vitaminas, a súa achega calórica tamén é moi baixa.
  • Cogomelos dos chopos, chámanse así porque é preto destas árbores onde aparecen, sobre troncos cortados ou vellos e raíces de olmos.
  • Fungo xitake, cultivado en rexións montañosas de Asia, moi apreciado polo seu sabor.

Propiedades das setas:

– Conteñen vitaminas A, D, K e do grupo B

– Son ricas en potasio, fósforo, manganeso, zinc, ferro…

– Baixo contido calórico

– Reforzan o sistema inmunolóxico

En todo caso, para aquelas persoas que non teñan a información precisa, é recomendable compralas cultivadas, en tendas especializadas de confianza.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal

(Visited 1.466 times, 1 visits today)