O mexillón galego, a xoia das rías galegas
As rías galegas son un lugar idóneo para a cría do mexillón. O clima característico e o abundante fitoplacton da zona colaboran de xeito determinante a facer deste produto algo singular. Cunha calidade e textura moi diferenciadas, chega a un tamaño de entre 70 e 95 mm en só 17 meses.
O mexillón galego posúe unhas características propias, cunha forma puntiaguda e grosa na parte anterior e longa e moi afiada na posterior. Ambas cunchas teñen unha cor negra azulada e, no interior, a vianda é dunha cor alaranxada.
Viven en colonias máis ou menos numerosas na zona de mareas ou debaixo da mesma, a pouca profundidade, e adheridos ás rochas.
Mexillón de cultivo
Ademais do mexillón salvaxe, existe o que se obtén mediante o sistema tradicional de cultivo en batea ou en viveiros flotantes. Foi precisamente a ría de Arousa o primeiro lugar onde fondeou unha batea en 1954 dedicada ao cultivo deste molusco. Hoxe en día, máis de 3.300 bateas fan este labor nas rías de Pontevedra e A Coruña.
O mexillón galego foi o primeiro produto pesqueiro europeo no ano 2006 en conseguir a Denominación de Orixe Protexida na Unión Europea.
Preparación e conservación
A forma máis tradicional de desfrutar o mexillón é ao vapor, con limón, eliminando previamente as «barbas». Recoméndase gardalos na neveira, cubertos cun pano húmido e non agardar máis de dous días para consumilos.
Beneficios do mexillón
Alimento equilibrado, san, ideal para dietas e baixo en colesterol. É unha fonte proteica de excelente calidade. Contén unha elevada porcentaxe de vitaminas e minerais, con gran concentración de ácidos graxos Omega 3.
Só se permite a utilización destecontidonoutros sitios web enlazando coa nosaurl, mencionando como fontecomesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal