Pataca nova ou temperá, un produto de tempada
Na primavera chegan as patacas novas ou temperás aos mercados. Distínguense pola súa pel dourada e lisa, e polas súas calidades nutritivas e gastronómicas. Colléitanse de marzo a xuño, antes da súa completa maduración.
A diferenza da pataca tardía, a nova é de menor tamaño, máis compacta. Tamén ten máis auga, polo que o seu contido en amidón será menor e, polo tanto, o seu prazo de conservación máis breve. A pataca nova, cuxa pel ás veces é tan fina que se pode eliminar fregándoa, ten unha carne máis acuosa que a tardía e é dunha cor branca ou amarelada.
Ten grandes posibilidades á hora de cociñar e é moi recomendábel para fritir e cocer: en tortilla, gratinadas, recheas, guisos, ensaladas, como gornición… É moi accesible, cun sabor lixeiramente doce e moi valorada polas súas bondades nutricionais. Ademais, dixírese con maior facilidade, sempre dependendo de como se cociñe. É conveniente gardalas en lugares escuros e aireados.
Achega menos calorías que a pataca vella, contén menos sodio e potasio. É rica en vitamina C, aínda que se perda ao cociñala, así como en vitamina B6 e ácido fólico.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal