CASTELLANO

 

A manga é unha froita tropical de orixe asiática que provén da árbore do mesmo nome. Cunha cor rechamante, pertence ao grupo das froitas semiacedas, e caracterízase pola súa forma ovoide, redondeada. De pel grosa, a súa polpa é de cor amarela ou alaranxada.

Este froito, doce e refrescante, xa se cultiva en Andalucía, Canarias e Cataluña.

Consérvase mal co frío, polo que se recomenda tela fóra da neveira. Pode comerse fresca, en marmelada ou deshidratada. Unha vez madura, a manga pode consumirse nun prazo máximo duns cinco días.

Á hora de comprala é importante que estea lixeiramente branda e que desprenda un bo aroma, é dicir, que o froito estea maduro.

A manga é de fácil consumo e dixestión. Cun elevado contido en auga, a súa achega calórica é baixa, sobre todo hidratos de carbono. Cunha gran riqueza de nutrientes, é rica en potasio e magnesio, así como en vitaminas A, B e C e ten propiedades antioxidantes.

A Fundación Española da Nutrición considéraa unha froita saudable e medicinal, dotada de elevada riqueza vitamínica e cunha serie de valores diuréticos e laxantes.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 331 times, 1 visits today)