CASTELLANO

 

A col lombarda ou repolo morado é unha variedade seleccionada da col común. Caracterízase pola forte cor violeta das súas follas e a súa textura, máis suave, a diferenza do resto das coles. O seu sabor é máis doce cando a cociñamos e picante se a comemos crúa.

É unha verdura típica da estación fría, que podemos atopar desde setembro ata a primavera. A medida que medra, forma unha compacta bola de follas, cunha una forma redondeada e un tamaño medio.

Cunha forma semellante á da col branca, engade aos pratos unha nota de viva cor. Esta verdura, orixinariamente propia de fogares humildes, está actualmente moi valorada polos seus beneficios nutricionais.

Consérvase ben no frigorífico, ata dúas ou tres semanas. Aconséllase envolvela nunha bolsa de plástico perforado para unha maior duración.

Cocíñase frecuentemente cocida, con patacas. Tamén se consome fresca -en ensaladas-, salteada, asada, en sopa, en encurtidos… Era e é un prato típico tradicional do Nadal en Madrid.

Contén vitaminas e minerais (folato e potasio) e é fonte de fibra. Cunha baixa achega calórica, é rica en vitamina C se se consome crúa, en ensalada.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 122 times, 1 visits today)