CASTELLANO

 

Co inicio do outono comeza a recollida da pataca vella ou tardía, ata doce meses despois de acadar o seu ciclo completo de maduración. Tradicionalmente, con esta colleita aguantábase todo o inverno ata a seguinte, en primavera.

Estas patacas deixábanse unhas semanas máis enterradas, para que a súa pel se volvese máis dura e, deste xeito, durasen máis tempo. De feito, son as que máis tardan en pórse rancias.

Cun tamaño maior que as patacas novas, teñen unha pel escura, grosa e lixeiramente engurrada. A súa carne é de consistencia dura e de cor amarelada, cun sabor máis forte.

Actualmente, tamén se venden aquelas patacas recollidas no ano anterior que foron refrixeradas durante meses.

É moi recomendable empregala na cociña en guisos, purés, cremas, xa que conteñen máis amidón e se desfai mellor…

A pataca tardía presenta un alto contido en amidón. Contén potasio e sodio e menos frutosa que a pataca nova.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 138 times, 1 visits today)