CASTELLANO

 
En só uns anos, as cubertas vexetais e as hortas urbanas levaron temas importantes, como proximidade ou sostibilidade, ao corazón das cidades, porque son as cidades as que comezan a exercer a súa responsabilidade como espazos produtores de alimentos vexetais. Para sumarse a esta tendencia e comezar a consumir produtos recollidos por nós mesmos non se precisan grandes espazos ou requisitos; de feito, podemos comezar no noso pequeno balcón.

De acordo coas posibilidades do espazo de que dispoñamos, podemos recorrer a pequenas hortas verticais de varias pezas. Poden ser duns 50 cm. de ancho e albergar tres ou máis pequenos testos. Son estupendas para obter as nosas propias plantas (menta, alfábega, pirixel…). Poderemos empregalas para levar a nosa cociña un chanzo máis alto grazas á súa presenza nas nosas salsas, ensaladas, pastas, e ademais estaremos a desfrutar con todo o proceso, sobre todo se os fabricamos na casa con materiais como madeira.

As xardineiras horizontais poden ser de calquera tamaño. Poden albergar flores, naturalmente, mais tamén plantas de raíces longas. As que adquirimos en establecementos están tratadas contra a humidade e a corrosión. Deben contar cunha axeitada drenaxe e nestas hortas urbanas poderemos cultivar cebola, leituga, cenoria, amorodos, allo e outros alimentos axeitados para o volume de terra do que dispoñamos.

Para hortas urbanas verticais, os prezos arrincan arredor dos 25 euros. As hortas ou testos horizontais teñen un prezo de partida duns 70 euros. Sempre hai que ter en conta que os cultivos deben combinarse tendo en conta as necesidades de cada plantación: rega, fertilizante ou luz son claves para o bo rendemento da nosa pequena gran horta urbana.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

Foto: Patricia Maine Degrave en Pixabay

(Visited 26 times, 1 visits today)