O cacao, saboroso e enerxético
O cacao, árbore orixinaria de América, produce un froito do mesmo nome que se emprega como ingrediente dun alimento moi popular, o chocolate.
Na súa orixe utilizouse tanto para fins nutricionais como médicas, e incluso como moeda. Xa o cultivaban e consumían os maias hai 2500 anos e, posteriormente, os aztecas. Considerábano unha bebida divina, lixeiramente amarga, polas súas propiedades vigorizantes. En Occidente non se popularizou ata o século XIX, coa industria chocolateira, que engadiu azucre e outros compoñentes para facelo máis apetecible.
Sen dúbida, o principal uso do cacao é o chocolate. Tanto o po como a graxa que se obteñen do froito, unha vez fermentado e triturado, mestúranse con azucres refinados e leite. Dependendo da cantidade empregada, o chocolate resultante terá unhas características peculiares.
Beneficios
O chocolate, principal produto do cacao, achega un alto índice de graxas, hidratos de carbono e proteínas, e minerais como o magnesio, fósforo, potasio, antioxidantes…
Ademais, destacan as súas propiedades saudables para o sistema cardiovascular, favorece a produción de endorfinas, que melloran o estado de ánimo, e a súa alta achega de enerxía, que fai que estea especialmente recomendado para persoas que practican deporte.
Como remedio medicinal utilízase, desde hai séculos, para aliviar o cansazo, a delgadeza extrema, a anemia…
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal