CASTELLANO

 

Os piñóns brancos do piñeiro manso forman parte da gastronomía mediterránea. Aloxados nas escamas das piñas, son froitos abrancazados, de pequeno tamaño e alongados. Extráense do froito do piñeiro cando se desprenden da árbore. Vanse abrindo tras deixalos secar un tempo e extráense os piñóns. Acadan un elevado prezo no mercado polo custoso da súa recolleita.

O seu consumo remóntase á Antigüidade: formaban parte da dieta dos lexionarios romanos, polo seu sabor e como fonte de enerxía nas longas campañas.

Cunha textura carnosa, teñen un sabor adozado que lembra o da noz. Son un ingrediente moi versátil na cociña mediterránea e empréganse tanto en pratos doces (repostaría) como salgados (ensaladas, tortillas, carnes, peixes). Tamén se utilizan como ingrediente para a elaboración de mollos e pan.

Propiedades nutricionais

É un froito saudable cun alto contido de calorías, rico en proteínas, vitamina E e B. Na súa composición tamén aparecen minerais como o potasio, o fósforo, o magnesio e o zinc. Ademais, hai que sinalar a súa achega de fibra, que favorece a saciedade.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 67 times, 1 visits today)