CASTELLANO

 

O pirixel é un dos condimentos máis utilizados tradicionalmente na cociña mediterránea. É unha planta que medra tanto en hortas ou macetas como silvestre, na marxe dos camiños e nos muros.

É unha planta prolífica, xa que a sementeira anual permite 4-6 colleitas, entre maio e outubro. Adáptase a todo tipo de solos, sobre todo húmidos. O pirixel fresco é dunha cor verde intensa e pode acadar unha altura de 35 cm, con multitude de talos e follas planas.

Utilizada polos gregos na Antigüidade, estendeuse desde o Mediterráneo a todo o mundo.

A maior parte da produción mundial véndese en seco, xa que o fresco murcha rapidamente. Estes humildes ramos adoitaban agasallarse nos postos dos mercados. Admite ben a conxelación como forma de conservación, previamente cortado e gardado en bolsas de plástico.

Uso gastronómico e medicinal

Cun forte sabor e un suave aroma engádese, tanto fresco como seco, en pratos que non precisan moita cocción. Condimenta pratos de culler, salsas (a famosa salsa verde), sopas, vinagretas, guisos… Non atura as altas temperaturas, polo que se engade cando o prato está case elaborado, xa que, ademais, perdería todas as vitaminas.

De gran valor nutricional, contén vitaminas A, B, C, G e E, ademais de importantes cantidades de minerais, como o ferro, calcio, potasio e fósforo, iodo e magnesio. Non só ten un uso culinario, tamén se emprega con fins curativos: diurético, estomacal, antiséptico…

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte «Come saudable»
© Comesaudable, Madrid 2019.
Aviso legal

(Visited 132 times, 1 visits today)