CASTELLANO

 

Coñecido tamén como atún de aleta azul (Bluefin tuna), é un peixe exquisito. Os bancos de pesca do atún vermello ou cimarrón distribúense, sobre todo, polo Mediterráneo, o océano Atlántico e o Mar Negro.

É o atún de maior tamaño (pode acadar os 600 kg e os 3 m de lonxitude) e vive por riba dos 25 anos. Con cabeza, ollos e boca pequenos, o dorso é gris azulado escuro, con reflexos metálicos e o ventre prateado. A diferenza do resto dos túnidos, a súa aleta pectoral é máis curta. Xapón, o maior consumidor de túnidos do mundo, é o destino principal das capturas de atún vermello do Mediterráneo, tanto capturado no mar como procedente de granxas.

É unha especie migratoria, que se alimenta de peixes pequenos. Está en continuo desprazamento e pode chegar a velocidades que superan os 70 km/hora. A súa cor vermella provén da súa alimentación e da actividade física constante que desenvolve. A súa pesca nos últimos anos foi abusiva, polo que a súa poboación se reduciu drasticamente.

Coa carne rosácea, ás veces dunha cor vermella intensa, é moi saboroso e cunha textura consistente. Podemos atopalo tanto fresco como en conserva ou cru. É un peixe graxo, que formou parte da dieta mediterránea. É moi apreciado gastronomicamente, xa que combina moi ben con sabores doces: atún encebolado, en escabeche ou tartar son algunhas das receitas máis utilizadas.

Beneficios nutricionais

Excelente fonte de proteína de alto valor biolóxico, este peixe azul posúe arredor dun 12 % de graxa rica en ácidos omega-3, que é moi beneficiosa para a diminución do colesterol e triglicéridos do sangue, axudando a previr as enfermidades cardíacas. Tamén posúe vitaminas do grupo B e vitaminas A e D. Entre os minerais destacan o fósforo e o magnesio.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte «Come saudable» 
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal

(Visited 116 times, 1 visits today)