CASTELLANO

 

Días calorosos, noites estreladas, paseos polo litoral e o olor delicioso e inconfundible das sardiñas. Fieis á súa cita polo San Xoán, chegaron aos mercados en Galicia a un prezo entre 7 e 10 euros o quilo, algo máis baixo ca en anos anteriores. A actividade nas lonxas de peixe foi frenética nunha campaña que prevé un forte aumento da cota de toneladas para pescar dada a boa situación da sardiña ibérica. Esta é unha boa noticia obxectiva para o sector peixeiro, que atravesou uns anos de penurias con cotas de captura de sardiña moi baixas, cando a especie estaba moi ameazada.

O Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) calcula que a biomasa de sardiña para 2021 é de 351.159 toneladas, fronte ás 184.137 de 2020.

Porén, este parámetro non garante que a especie estea fóra de perigo. Portugal e España son grandes consumidores deste peixe azul. Aínda que normalmente se asocia Portugal co consumo de bacallau, é a sardiña o peixe máis consumido no país atlántico, cunha inxestión per capita duns 55 quilos anuais.

As sardiñas son ricas en ácidos graxos omega-3, fósforo, selenio, iodo, ferro e magnesio. Son nutricionalmente moi convenientes. Alén do seu consumo en restaurantes ou no formato festivo da sardiña, cómense de mil xeitos diferentes: asadas, á grella, fritidas, en pasta, pizza, ensalada, mariñadas e, sen dúbida, en conserva. En 2020, as sardiñas representaban en España o 6,7 % das conservas de peixe, cifra que en Portugal acadaba o 19 %.

 

©Comesaudable, GB Corporación 2021. Aviso Legal

(Visited 33 times, 1 visits today)