O polbo, un prato imprescindible da gastronomía galega
O polbo converteuse nun dos pratos estrela da gastronomía galega. Molusco cefalópodo, conta con oito fortes tentáculos con dúas fileiras de ventosas. Vive preto da costa, en profundidades inferiores a 200 m.
Aínda que a mellor época é de setembro a abril, cando se achega á costa para a reprodución, pode atoparse todo o ano, fresco ou conxelado. O polbo galego ten un característico sabor salgado, a diferenza de outros.
Preparación
É recomendable conxelalo durante tres días para evitar que quede duro, xa que o frío rompe as súas fibras. Un dos pratos máis importantes da cociña galega é o polbo á feira: polbo cocido, cortado en toros e colocado sobre cachelos (patacas cocidas), empoado con pemento e regado cun chorro de aceite de oliva. Aínda que tamén se prepara fervido, á brasa, no forno, guisado, en empanadas, con fabas…
Ten unha gran cantidade de proteínas e un baixo contido en graxas. Achega vitamina A e E, así como minerais: calcio, sodio, zinc, magnesio, selenio, iodo, fósforo…
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal