Picados para o verán
As bebidas picadas son das máis consumidas durante os meses de verán. Unha bebida xeada, que se serve cando aínda está cristalizada, co xeo cortado en anacos ou relado, mesturado con xarope de diferentes sabores.
O picado xa existía desde a Antigüidade, cando se combinaba o xeo picado e os zumes de froitas.
O seu principal ingrediente é a auga, o 85-90 % da súa composición, polo que o seu contido calórico é baixo, ao tempo que nos hidrata. A diferenza dos xeados, non contén materias graxas mais si achega importantes cantidades de azucre, polo que se recomenda un consumo esporádico.
Unha opción moi saudable son os picados de froitas, unha elección refrescante e nutritiva. Elabóranse con anacos dunha ou varias froitas, en lugar de zumes, que se poden mesturar con almibre para darlle a consistencia axeitada. Métense no conxelador e, por último, tritúranse. Os picados caseiros asegúrannos a calidade e cantidade dos ingredientes.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal