CASTELLANO

 

A alcachofa, considerada unha xoia culinaria, é unha das verduras de inverno máis apreciadas, tanto nutricional como gastronomicamente. En realidade, é a flor, non madura, da alcachofa, con todas as súas follas superpostas unhas enriba das outras, a xeito de escamas. As follas externas son fibrosas, mentres que as interiores son tenras e saborosas, formando o «corazón» da alcachofa.

A alcachofa toma o nome do árabe e significa «lingüeta de terra». Coñecida desde a Antigüidade, foron os árabes os que a estenderon por todo o Mediterráneo. Ademais, considerábase curativa polas súa propiedades medicinais. Os países da bacía mediterránea son os principais produtores.

Colléitanse desde outubro ata os primeiros meses do inverno. Para que duren máis tempo, é recomendable conservalas en lugares frescos e mergullar os tallos en auga, como unha flor.

É unha verdura moi versátil para cociñar, pode comerse soa ou como gornición: á grella, en tempura, en ensalada, en guisos, como acompañamento de carnes e peixes… A carne da alcachofa é zumarenta, fina, con certo amargor e un gusto doce no final.

A alcachofa é un alimento moi equilibrado e saudable, baixo en calorías e alto en fibra, que proporciona múltiples beneficios: facilita a dixestión, queima a graxa e axuda a controlar o colesterol. Ademais, evita a retención de líquidos porque é moi depurativa. Contén vitamina A e C, que lle outorga un efecto antioxidante.

 

Sólo se permite la utilización de este contenido en otros sitios web enlazando con nuestra url, mencionando como fuente a comesaudable.
©comesaudable, Madrid 2020. 
Aviso Legal

 

 

 

(Visited 107 times, 1 visits today)