CASTELLANO

 

Moitas persoas que dispoñen dun balcón ou unha terraza solleira aproveitan para cultivaren. O tempo e a estación inflúen decisivamente tanto nos cultivos que se poden elixir como nos coidados que se deben proporcionar, de xeito que cando se achega o outono debemos ir pensando en como aproveitar axeitadamente o noso espazo de cultivo.

 

As plantas aromáticas son un clásico das hortas urbanas. A principal preocupación con elas, alén dos coidados habituais, debe ser protexelas do frío, pois en xeral non aguantan ben as xeadas e, en zonas nas que o termómetro descende alén do razoable, convén levalas ao interior, mais con luz e evitando que estean preto de estufas ou calefaccións.

 

No outono, os cultivos na horta urbana exterior poden ser variados. Xa recolleramos os últimos tomates e, tras engadir nas nosas macetas substrato universal para enriquecelas e renovar os seus nutrientes, e sempre prestando atención a un réxime de rega máis espazado que no verán, poderemos pensar en leitugas, remolacha, apio, pirixel, cenorias e outros cultivos.

 

Hai que ter en conta dous factores esenciais: a distancia entre plantóns e a profundidade que precisan as plantas que desenvolven raíces comestibles, como a cebola ou a cenoria.

En xeral, as nosas hortas urbanas precisan produtos que demanden pouca profundidade. Como pauta, podemos plantar unhas oito leitugas nun recipiente de 20 cm de profundidade e 40 de diámetro, mentres que as cenorias precisarán uns 0,5 litros por planta e a profundidade dunha xardineira.

 

É moi importante que, inmediatamente despois de concluír o plantado, reguemos en abundancia. Tamén é aconsellable que usemos follas dos cultivos de verán que esteamos a eliminar para acolchar a superficie dos novos cultivos, dado que achegaremos nutrientes e protexeremos das temperaturas baixas.

 

©Comesaudable, GB Corporación 2021. Aviso Legal

(Visited 55 times, 1 visits today)