CASTELLANO

 

A pataca é un produto básico da gastronomía galega. Imprescindible na súa cociña,forma parte de gran número de pratos tradicionais.
Traída de América polos descubridores no século XVI, o seu consumo como alimento de subsistencia popularizouse nos séculos XVIII e XIX, mellorando a
situación do campesiñado.
Unha das variedades máis cultivadas en Galicia é a Kennebec. A súa calidade está avalada pola Indicación Xeográfica Protexida, desde o ano 2007. De forma ovalada, ten unha pel moi fina e unha cor amarela clara. A súa carne é branca e firme e a súa textura vólvese cremosa tras cociñarse.
Outras variedades son a Baraka, Fina de Carballo e a Agria, aínda que de menor calidade.
As condicións climáticas galegas (abundantes chuvias e temperaturas suaves), as características específicas dos seus solos e os métodos tradicionais de cultivo dan como resultado un produto de excepcional calidade.
Pode atoparse no mercado de setembro a xuño, é un produto estacional. Aínda que se cultiva en toda Galicia, destacan comarcas como A Limia (Ourense) e Bergantiños (A Coruña).

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 183 times, 1 visits today)