CASTELLANO

 

A pizza é, sen dúbida, un dos alimentos máis populares, con ese irresistible e delicioso olor, e ese queixo quente fundido sobre unha base crocante e esponxosa. Adoita asociarse á comida rápida, mais pode ser un prato san e equilibrado que proporciona unha achega axeitada de sustancias nutritivas ao organismo. Depende de como se elabore e dos ingredientes que se empreguen na súa elaboración. É importante incluír verduras ou hortalizas entre os seus ingredientes, e eliminar aqueles que teñan moita graxa, así como comer con moderación, en porcións pequenas.

A pizza caracterízase pola diversidade dos seus ingredientes. Sobre unha masa con tomate e queixo vanse combinando carnes, verduras, froitas…

A pizza, tal e como a coñecemos hoxe, con masa de pan, queixo e tomate como ingredientes principais, ten probabelmente a súa orixe nos arrabaldes máis humildes da cidade de Nápoles no século XVII, onde era consumida frecuentemente. Así, a popular  clásica  pizza marinara, condimentada con tomate, allo, ourego e aceite de oliva, e a pizza Margherita son dúas pizzas autenticamente napolitanas.

«Escoller os ingredientes axeitados dunha pizza e elaborala na casa é clave para convertela nunha opción nutritiva e saudable».

Posteriormente, popularizouse entre todas as clases sociais. Tras a Primeira Guerra Mundial, coa emigración de numerosos italianos a América, popularizouse o consumo de pizza e na segunda metade do século estendeuse tamén por Europa.

É un prato moi socorrido que se pode realizar facilmente na casa, controlando así a calidade e cantidade dos ingredientes.

Os seus beneficios nutricionais varían en función da súa composición. Posúe carbohidratos complexos, moi saciantes e que proporcionan enerxía. Grazas ao condimento a base de tomate e queixo, proporciona non só calcio, vitamina C e antioxidantes, senón tamén ferro e vitaminas D, E e K. Outros ingredientes que se poden engadir, como a cebola, os pementos e as olivas, son tamén fonte de vitaminas.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 43 times, 1 visits today)