CASTELLANO

 
O seu nome científico é Beta vulgaris, mais ese nome non debe dar lugar a erros: a remolacha é unha hortaliza extraordinaria, ademais dun ingrediente fundamental da dieta mediterránea, pois é orixinaria de Italia e norte de África.

 

Son moitos os beneficios da remolacha para o organismo. Achega fósforo, magnesio, sodio e outros minerais, ademais de gran cantidade de vitaminas. As propiedades beneficiosas que sempre se atribuíron a esta hortaliza están xustificadas, de feito é eficaz no tratamento da anemia, pois estimula a xeración de glóbulos vermellos.

 

É rica en:

  • Ferro. Por cada 100 gramos de remolacha atopamos 0,8 mg. de ferro que, axudado coa súa vitamina C e riqueza en ácido fólico e vitamina B9, mellora a súa absorción e fai dela un alimento para ter en conta para as persoas que padecen déficit de ferro sempre que con coidado non se mesture con outros alimentos ricos en ferro para que non se resten minerais entre ambos e, en consecuencia, producir o efecto contrario.
  • Ácido fólico, vitamina B9 é beneficiosa para manter as unllas, a pel e o cabelo en boas condición de saúde e fortaleza.
  • Antioxidante, potasio, fibra que contribúen a diminuír o colesterol e que axudan a ter a raia o estrinximento. É un alimento moi dixestivo e beneficioso para a flora intestinal.
  • Hidratos, un aliado enerxético moi considerado entre deportistas de elite. Importante vasodilatador capaz de aumentar o fluxo sanguíneo a nivel muscular, favorecendo o osíxeno nos músculos.

 

Na cociña, adoita comerse cocida e en ensalada, picada ou relada. Tamén son comestibles e moi prezadas as súas follas. Convén adquirir monllos en perfecto estado e dun tamaño homoxéneo, para facilitar a cocción.

 

Con ela prepáranse gaspachos, falafel, carpaccio, muffins; tamén é unha potente gornición se se fai á prancha. O borsch é unha sopa estendida internacionalmente e en Ucraína emprégase a remolacha para a súa preparación.

 

Cádiz acapara unha gran parte da produción, cun 66,53 % (datos de 2015).

 

©Comesaudable, GB Corporación 2021. Aviso Legal

(Visited 44 times, 1 visits today)