CASTELLANO

 

Na actualidade, máis de 200 millóns de persoas no viven do mar e o volume de pesca é tan grande que xa non hai peixes adultos suficientes para asegurar a súa reprodución e repor así as poboacións. Os recursos mariños son limitados e xa se chegou ao límite. A pesca sustentable é xa unha prioridade.

España é un dos grandes consumidores de peixe do mundo, 40 kg/hab./ano. Xa non é suficiente cos recursos propios e dependemos das importacións de terceiros países.

Beneficios da pesca sustentable

  • Axuda a xerar emprego local, garantindo que as persoas que viven da pesca manteñan o seu modo de vida
  • Respecta os hábitats das diferentes especies e contribúe a recuperar os recursos do mar
  • As técnicas pesqueiras sustentables, a diferenza do arrastre, non destrúen o fondo mariño nin realizan capturas non desexadas (na actualidade, un 40 % do total).

Aínda que a sustentabilidade compete aos gobernos de cada nación, os consumidores podemos colaborar contra a sobrepesca demandando en comercios e hostalería peixe de orixe sustentable:

  • Fixarse nas etiquetas, que nos axudan a informarnos detalladamente e afectan tanto a produtos frescos como conxelados, envasados e sen envasar (normativa europea 1379/2913 e (UE).
  • Os selos MSC (para pesca salvaxe) e ASC (de acuicultura responsable) garanten que proceden dunha pesqueira sustentable.
  • Consumir peixe de tempada. Igual que as verduras e as froitas, en cada estación do ano captúranse diferentes especies de peixes.
  • Non adquirir peixe que non cumpra unhas lonxitudes mínimas e que non respecte as vedas, hai que protexer o seu futuro
  • Informarse do lugar onde se pesca, a forma de captura, das frotas que realicen accións para asegurar a conservación, non utilizando, por exemplo, artes de pesca que non sexan avanzadas e selectivas.
  • Comprar en lugares autorizados, onde podes coñecer a procedencia (evitar que sexa de orixe ilegal), incluíndo a acuicultura sustentable como unha opción máis.

Contribuamos a unha pesca sustentable cun consumo responsable.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019.
Aviso legal

(Visited 35 times, 1 visits today)