Cando imos ás compras, adoitamos atopar reclamos diferentes deste tipo que directamente asociamos a «produto que adelgaza», «que engorda menos», e posiblemente que tamén sexa minimamente algo máis saudable que o produtos convencional ou estándar. Mais, que hai de verdade en todo isto?

É importante coñecer a diferenza entre estes tres conceptos tan empregados en produtos procesados do supermercado, e saber distinguir que NON necesariamente son MELLORES, nin máis SAUDABLES, nin máis NUTRITIVOS, nin sequera MENOS CALÓRICOS.

Light

  • Significa que contén un 30 % menos de calorías a respecto do produto orixinal, normalmente porque substitúen azucre por edulcorantes ou eliminan a graxa.
  • Non teñen por que ser máis saudables que o produto orixinal, hai que ler a listaxe de ingredientes para comprobalo.
  • Son menos saciantes.

0 % azucre ou materia graxa

  • Significa que se eliminou a totalidade do azucre ou a graxa dun produto. Non ten que ser menos calórico, xa que poden engadirse outros ingredientes
  • Existen opcións saudables (queixo 0 % materia graxa por exemplo) ou outras que non o son (galletas 0 % azucre, edulcoradas con fariña e graxas refinadas)

Desnatado

  • Significa que se eliminou a graxa, podendo conter como máximo ata un 1 %. Adoita empregarse en lácteos.
  • Non significa que conteñan menos calorías (poden engadirse por outro lado, como azucre), nin que sexan saudables, nin que non se engadisen outros ingredientes, como azucre.
  • Son menos saciantes.

Fuente: Fundación Alimentación Saludable

https://www.alimentacionsaludable.es

(Visited 18 times, 1 visits today)