CASTELLANO

 

Os pistachos, un dos froitos secos máis populares, son uns perfectos aperitivos, moi completos e cun gran valor nutricional.

O seu nome provén do italiano «pistacchio». A súa semente é oval, baixo unha casca dura e abrancazada, e cuberta por unha pel fina de cor malva.

Procedente de Asia Occidental, o seu cultivo propagouse polos países mediterráneos. A árbore, que tamén se chama pistacho, necesita cando menos de sete a dez anos para acadar unha produción considerábel. Colléitanse cada dous anos. É unha planta desértica, que precisa pouca auga.

Ten un sabor moi característico, doce e delicado. Emprégase na cociña, en chacinaría e, sobre todo, en pastelaría e confeitaría (pasteis e xeados). Na cociña oriental emprégase para recheos e salsas tamén. Tamén se pode servir torrado e salgado.

É un alimento moi enerxético, polo seu contido en lípidos e glúcidos. Favorece a saúde cardiovascular, reduce os niveis de glucosa e combate o colesterol malo. Fonte de proteína vexetal, é un dos froitos secos con maior cantidade de calorías, polo que se recomenda o seu consumo con moderación. Tamén hai que citar outras achegas dos pistachos: calcio, magnesio, zinc, potasio, fósforo, ferro, vitamina E…

Hai que lembrar que é mellor para a saúde consumir pistachos sen sal co fin de evitar o exceso de sodio no noso organismo.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 61 times, 1 visits today)