O requeixo
O requeixo é un prato típico galego elaborado con leite enteiro de vaca, que se adoita acompañar con mel.
De fácil elaboración, estaba moi estendido en Galicia porque na maioría das casas había vacas, o requeixo elaborábase de xeito sinxelo co leite e un coador. Tomábase tomaba untado en pan, con azucre…
De orixe incerta, era tradición dar un requeixo aos peregrinos do Camiño de Santiago.
É un queixo elaborado con leite de vaca de coagulación aceda longa. Non se lle engade sal e a textura depende do método de elaboración empregado. É importante o tempo de secado, xa que se pode obter desde unha textura semellante ao iogurte a outra máis consistente, semellante á queixo fresco. A ausencia tanto de graxa como de sal fai del un produto moi saudable.
O requeixo xorde a partir do leite e pasterízase, mentras que o que en castelán se chama «requesón» se obtén do soro do leite e é sometido a varios procesos: coagulación, prensado, salgado…
A súa textura é diferente, o requeixo é máis parecido a unha mousse e o coñecido en castelán como «requesón» é máis líquido, xelatinoso. Ademais, o primeiro consérvase mellor, ata un mes nun lugar frío, fronte ao «requesón», pouco perdurable.
O requeixo aderezado con mel ten unha Festa de Interese Turístico dedicada ao seu sabor. Celébrase cada Venres e Sábado Santo na localidade das Neves (Pontevedra).
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal