CASTELLANO

 

No mundo, cada ano, uns 550 millóns de persoas padecen enfermidades de transmisión alimentaria, de acordo cos datos da Organización Mundial da Saúde (OMS). Isto débese a que, nalgún momento da cadea (desde a granxa ou a horta ata o prato), o produto que comemos se contamina con algún tipo de microorganismo. Nunha cuarta parte dos casos de intoxicacións alimentarias, apuntan desde a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), o foco do problema está nunha axeitada refrixeración. É dicir, en moitas ocasións, enfermamos porque non sabemos conservar ben os alimentos no frigorífico.

A temperatura debe estar entre 1ºC e 4ºC para as carnes e peixes, e entre 5ºC e 8ºC para o resto de alimentos, mais tamén debemos saber onde colocalos.

O primeiro que debemos ter en conta é que é preciso manter o electrodoméstico a unha temperatura axeitada. Cando está máis baixa, «o crecemento de microorganismos vólvese máis lento e, incluso, se detén», afirman desde a OCU, polo que recomendan manter o conxelador por debaixo dos -18ºC e a neveira entre 1ºC e 4ºC para as carnes e peixes, e entre 5ºC e 8ºC para o resto de alimentos. Mais se a nosa neveira só ten un termóstato, como a regulamos para conseguir as distintas temperaturas para conservar os alimentos axeitadamente? O ideal é colocala a uns 7ºC. Dentro, a temperatura variará dun estante a outro. Por iso, a clave para que a nosa comida se manteña fresca durante máis tempo e evitar o risco de contaminación está en saber ordenar os alimentos.

«A zona máis fría é a que está en contacto co conxelador: o estante de enriba nos frigoríficos tradicionais e, nos modelos combi, a parte onde están os caixóns para as verduras ou xusto enriba deles», aclaran desde a OCU. Tendo isto en conta, tanto esta organización como a súa homónima nos Estados Unidos, Consumer Reports, e Teka achegan algúns consellos sobre como debemos colocar os alimentos nos estantes das neveiras:

As froitas e verduras no caixón, que está deseñado para poder gardar este tipo de alimentos sen necesidade de mantelos en bolsas, o que mellora a súa conservación.

As carnes e peixes nas zonas máis frías da neveira. É dicir, na balda superior, se o conxelador está na parte superior, ou na que está enriba do caixón, se o refrixerador está debaixo do frigorífico.

Iogures, lácteos e alimentos xa abertos deben ir nas baldas intermedias.

Ovos, bebidas, salsas e outros alimentos deben ir nas zonas menos frías, que son as baldas máis afastadas do conxelador e as que están no lado interior da porta.

Manter esta orde tamén nos axudará a atopar con maior facilidade a comida e non ter que pasar tanto tempo coa porta do frigorífico aberta, gastando enerxía e facendo que suba a temperatura no interior.

 

Fuente: diario «El País» Buenavida
https://elpais.com/elpais/2019/07/08/buenavida

(Visited 40 times, 1 visits today)