CASTELLANO

 

Fariña de trigo, auga, sal e fermento son os ingredientes do saboroso e artesán pan de Cea. Con Indicación Xeográfica Protexida, este pan é o acompañamento para os pratos típicos da gastronomía galega.

A forma das pezas é alongada e redondeada nos seus extremos, cunha fenda transversal no centro da parte superior, o que lle dá un aspecto característico. O pan de Cea ten consistencia dura e ríxida, codia grosa, con rotura crocante, sabor intenso a trigo e miga con textura esponxosa, fibrosa e firme.

Hai dúas presentacións, a peza ou poia, dun quilo aproximadamente e o molete, de medio quilo.

A orixe desta tradición panadeira localízase na localidade ourensá de San Cristovo de Cea, que conta con máis de vinte fornos. Xa hai noticia deste pan, que naceu arredor do mosteiro de Oseira, no século XIII.

Elaboración

Cun proceso de elaboración artesanal, transmitido de xeración en xeración, utiliza como ingredientes fariña de trigo, que procede en gran parte das variedades da comunidade autónoma galega, auga potable e sal comestible. A amasadura lévase a cabo seguindo laboriosas técnicas ancestrais. Posteriormente cócese en fornos de pedra granítica quentados previamente con leña.

Festa da Exaltación do Pan de Cea

Todos os primeiros domingos de xullo celébrase no Campo da Saleta de Cea a Festa de Exaltación do pan de Cea, punto de encontro para a súa degustación. Este ano, a célebre xornada gastronómica, na súa 26ª edición, terá lugar o próximo 2 de xullo. Haberá degustación de pratos típicos, acompañados deste saboroso pan, música, charangas e baile.

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte «Come saudable»
© Comesaudable, Madrid 2019.
Aviso legal

 

 

(Visited 41 times, 1 visits today)