CASTELLANO

 

É a variedade de pemento galego máis famosa, tamén coñecida como pemento de Herbón. Ten a súa orixe na parroquia coruñesa do mesmo nome, no concello de Padrón.

Caracterízase por ter unha pel lisa, pouco brillante, a súa característica cor verde e unha carne fina. Recóllense cando aínda non están maduros. Ten un sabor doce e intenso, podendo, ás veces, picar intensamente.

O pemento de Padrón converteuse nunha verdura tradicional que forma parte da cultura da horta e da dieta galega

Procedente de América, foron os misioneiros franciscanos, a finais do século XVI, os que os comezaron a cultivar no convento de Herbón. Aínda que tiña un tamaño maior que o actual, cos anos, unha vez adaptado á climatoloxía local, fíxose máis pequeno. A súa produción estendeuse a toda a zona e, desde entón, convertéronse nunha verdura tradicional que forma parte da cultura da horta e da dieta galega.

Cultívase nunha grande extensión, entre as cuncas dos ríos Ulla e o seu afluente o Sar, superando as 14 has. en invernadoiros e as 20 has. ao aire libre. Recóllense manualmente, en verde, aínda sen madurar. Comercialízanse de maio a outubro (de xuño a outubro se é ao aire libre).

Lávanse e sécanse, quítaselles o talo e frítense en abundante aceite de oliva, botándoos na tixola cando o aceite non estea moi quente. Cando estean ao gusto retíranse e bótaselles sal gordo. Sos ou como aperitivo, consúmense tamén en guarnicións de carne ou peixe. Ademais de fritidos, tamén se poden cociñar crús, moídos, asados á prancha, en gazpacho… dependendo das súas características.

Ten Denominación de Orixe Protexida desde o ano 2009, que recoñece unha calidade diferenciada, orixinada por características propias do medio xeográfico en que se producen e pola influencia do factor humano.

 

Sólo se permite la utilización de este contenido en otros sitios web enlazando con nuestra url, mencionando como fuente a comesaudable.
©comesaudable, Madrid 2019. Aviso Legal

(Visited 67 times, 1 visits today)