CASTELLANO

 

Nos últimos anos popularizáronse, sobre todo entre a mocidade, tendencias dietéticas que fan referencia a diferentes modelos de alimentación. Así, cada día máis persoas se proclaman vexetarianas, veganas ou flexitarianas, movidas por razóns de respecto polos animais, saúde ou por preocupacións éticas ou medioambientais.

En definitiva, comemos segundo a nosa forma de pensar e estilo de vida. É certo que, aínda que somos unha especie omnívora, non precisamos todos os alimentos para vivir de xeito saudable.

Mais sabemos as diferenzas entre as principais dietas?

Vexetariana:

Sen dúbida, é a dieta máis coñecida e abrangue varios graos (desde absterse de comer animais até de calquera alimento proveniente dos mesmos). Algúns, por exemplo, se aceptan o peixe, o mel o los lácteos (queixo, manteiga, iogures…) mentres outros non. Os vexetarianos basean a súa alimentación esencialmente nas verduras, legumes, froitas, froitos secos, cereais e sementes.

Vegana:

Son os vexetarianos estritos, non comen ningún produto animal nin derivado deles (excluíndo lácteos, mel, ovos…). En definitiva, os produtos que inxiren non poden levar ningún ingrediente nin aditivo de orixe animal. Podemos afirmar que máis que unha opción dietética é un estilo de vida.

Unha variación é o crudiveganismo. Aposta por consumir os alimentos no seu estado natural, crus, co fin de conservar o máximo dos seus nutrientes que se perden coas técnicas culinarias habituais.

Estas dietas poden ser perfectamente saudables se están ben pautadas e se realizan seguimentos anuais para comprobar que non hai carencias de vitaminas ou nutrientes. Non hai que converter a alimentación nunha obsesión.

Flexitariana:

Un vexetariano flexible. Son aqueles que consumen carne ou peixe de xeito ocasional. Adoitan preferir no seu menú semanal as verduras, froitas, legumes e cereais mais, algún día, poden incluír a carne ou o peixe.

 

Só se permite a utilización destecontidonoutros sitios web enlazando coa nosaurl, mencionando como fontecomesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 6 times, 1 visits today)