A dourada, un peixe branco saboroso con proteínas de alta calidade
A dourada é un dos peixes máis presentes na gastronomía do noso país. O seu nome provén da franxa dourada que ten entre os seus dous ollos.
O seu hábitat atópase nas costas e estuarios. A tempada de pesca da dourada é, sobre todo, o outono, antes do frío invernal, pois prefire as augas cálidas. Porén, grazas á acuicultura, podemos atopalo durante todo o ano.
É un peixe semigraxo de forma oval e poden acadar ata tres-catro quilos.
Á hora de compralas, hai que fixarse en que presente un bo aspecto, coa pel firme, ollos brillantes e sen golpes nin manchas estrañas.
Aínda que admite moitas preparacións, as máis tradicionais son ao forno e na tixola. Deste xeito, a dourada queda máis saborosa e cunha mellor textura. Outros xeitos de cociñalas son á sal, ao vapor ou en papillota. Admite todo tipo de gornicións e salsas: escabeches, vinagretas…
Beneficios nutricionais
A dourada é unha fonte de proteínas de gran calidade, con apenas graxa, e con vitamina A e do grupo B. Ademais, hai que sinalar os minerais que achega: potasio, magnesio, fósforo e calcio.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal