CASTELLANO

 

Estas pequenas rosquillas son un doce típico de Galicia. De pequeno tamaño, glásanse con xarope, o que lles dá o seu característico brillo.

Tradicionalmente, esta sobremesa festiva elaborábase de xeito artesanal e estaba presente en feiras e romarías. Tamén era un agasallo que se repartía entre amigos e veciños despois dunha celebración.

A masa elabórase con ovos, azucre, fariña de trigo, manteiga e anís. Enfórnanse as rosquillas e, pasado un tempo, mergúllanse no xarope, dándolles a volta para evitar que se peguen, deixándoas secar. Poden conservarse ata un mes mantendo o seu rico sabor.

Poden atoparse en moitas aldeas de Galicia, máis é na localidade coruñesa de Melide onde acadan a excelencia. O seu concello celebra a Festa do Melindre, a segunda fin de semana de maio, co fin de promover esta sobremesa tradicional, unha cita gastronómica declarada «Festa de Interese Turístico».

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 84 times, 1 visits today)