As navallas galegas
A navalla galega, molusco bivalvo moi común nas costas galegas, destaca pola súa carne firme e moi saborosa. O seu aspecto, cunha cuncha alongada (de 7 a 15 cm), aberta polos extremos e unha lixeira curvatura, lembra á folla dunha navalla, de onde provén o seu nome. A súa cuncha escura québrase con facilidade.
Outro molusco bivalvo moi parecido de aspecto é o longueirón, que se diferencia da navalla na forma da súa cuncha, máis recta e sólida, e no seu maior tamaño.
As navallas de maior calidade son as das rías de Muros e Noia, polo seu sabor suave. Atópanse enterradas a pouca profundidade na area das rías, onde escavan buratos para protexerse dos depredadores. Para capturalas utilízase un método infalible: pór un puñado de sal xunto do burato, que fai que saian en pouco tempo.
É un marisco accesible que se consome fresco ou en conserva. Á prancha é o método máis empregado, cun pouco de sal e limón. Tamén se lle pode engadir allo e perexil. Outros xeitos de cociñalas ao forno, en guisos ou en mollo.
Beneficios nutricionais
As navallas teñen unha baixa achega calórica e son ricas en ácidos graxos poliinsaturados e omega 3, polo que é un alimento recomendable e moi saudable. Ademais, son ricas en iodo, mineral indispensable para o bo funcionamento da glándula tiroides, que axuda o crecemento e mellora a axilidade mental.
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020. Aviso legal