CASTELLANO

 

O fígado é un órgano de enorme importancia para a saúde. En boas condicións depura o sangue, eliminando alcohol ou drogas ou outras substancias nocivas, achega enerxía cando hai niveles baixos de azucres e prové de ferro.

O consumo de alcohol e outros excesos poden danalo, mais tamén existen alimentos que axudan ao seu bo funcionamento, sobre todo se ademais se consome abundante auga e se fai un exercicio axeitado.

O allo é un deles. Polas súas calidades antiinflamatorias, se se consome cru axuda o fígado a traballar e un dos seus compoñentes, a alicina, axuda á súa limpeza.

A mazá é moi beneficiosa polo seu alto contido en fibra, que se dá en maior proporción nas mazás verdes. Esta froita válese de proteínas producidas polo fígado para levar ao noso organismo ferro, vitamina A e outros nutrientes.

O brócoli axuda ao fígado a neutralizar substancias nocivas e axuda contra o colesterol. Tamén é unha fonte poderosa de vitamina A.

O limón contén vitamina C concentrada en gran proporción. Tamén contén antioxidantes que reducen a inflamación e axudan a procesar a glucosa, entre outros beneficios.

O aguacate, sobre o que volvemos a miúdo nesta revista, é fonte de graxas saudables, igual que o aceite de oliva e algúns outros produtos. Debe consumirse con moderación.

En canto aos produtos e alimentos a combater: evitar os alimentos graxos, as bebidas azucradas, doces, mariscos, bebidas alcohólicas e alimentos procesados, como as carnes frías, salchichas e outros cárnicos que teñen conservadores e aditivos tóxicos.

 

©Comesaudable, GB Corporación 2021. Aviso Legal

(Visited 146 times, 1 visits today)