Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono
O lema deste ano «32 anos de recuperación» alude aos anos de cooperación e esforzo internacional para frear a deterioración da capa de ozono.
A celebración deste Día, proclamado pola Asemblea da ONU o 16 de setembro de 1994, ten como obxectivo principal promover accións e concienciar a poboación para seguir traballando e recuperar a capa de ozono.
Grazas á sinatura do protocolo de Montreal conseguiuse eliminar o 99 % dos produtos contaminantes.
Na última avaliación, realizada en 2018, móstrase unha recuperación desta capa a un ritmo de 1-3 % cada década, desde o ano 2000. A este ritmo, a súa recuperación completa no hemisferio norte será efectiva na década de 2030. Porén, no sur a recuperación será máis prolongada, para a década de 2050.
A capa de ozono
Esta capa protexe a Terra dos efectos nocivos da radiación ultravioleta do Sol, preservando a vida tal como a coñecemos. Porén, a deterioración pola produción e consumo de certos produtos químicos danárona seriamente, provocando un burato de grandes dimensións, coas consecuencias negativas que implica para os ecosistemas e para a nosa saúde.
Sen dúbida, é un día de celebración polos logros conseguidos, mais tamén para continuar traballando, manténdose alerta. Todos podemos colaborar con sinxelos xestos:
– Utiliza menos o coche, aforrando a emisión de contaminantes,
– Compra produtos locais, que aforran o transporte, son importantes e axudan neste gran labor.
– Non compres aerosois ou atomizadores en cuxa composición interveñan gases clorofluorocarbonos (CFC)
– Compra bombillas de baixo consumo; ademais de contaminar menos, aforrarás na factura…
E un labor de todos!
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte «Come saudable»
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal