CASTELLANO

 

O lema deste ano «32 anos de recuperación» alude aos anos de cooperación e esforzo internacional para frear a deterioración da capa de ozono.

A celebración deste Día, proclamado pola Asemblea da ONU o 16 de setembro de 1994, ten como obxectivo principal promover accións e concienciar a poboación para seguir traballando e recuperar a capa de ozono.

Grazas á sinatura do protocolo de Montreal conseguiuse eliminar o 99 % dos produtos contaminantes.

Na última avaliación, realizada en 2018, móstrase unha recuperación desta capa a un ritmo de 1-3 % cada década, desde o ano 2000. A este ritmo, a súa recuperación completa no hemisferio norte será efectiva na década de 2030. Porén, no sur a recuperación será máis prolongada, para a década de 2050.

A capa de ozono

Esta capa protexe a Terra dos efectos nocivos da radiación ultravioleta do Sol, preservando a vida tal como a coñecemos. Porén, a deterioración pola produción e consumo de certos produtos químicos danárona seriamente, provocando un burato de grandes dimensións, coas consecuencias negativas que implica para os ecosistemas e para a nosa saúde.

Sen dúbida, é un día de celebración polos logros conseguidos, mais tamén para continuar traballando, manténdose alerta. Todos podemos colaborar con sinxelos xestos:

– Utiliza menos o coche, aforrando a emisión de contaminantes,

– Compra produtos locais, que aforran o transporte, son importantes e axudan neste gran labor.

– Non compres aerosois ou atomizadores en cuxa composición interveñan gases clorofluorocarbonos (CFC)

– Compra bombillas de baixo consumo; ademais de contaminar menos, aforrarás na factura…

E un labor de todos!

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte «Come saudable»
© Comesaudable, Madrid 2019.
Aviso legal

 

(Visited 57 times, 1 visits today)