Filloas
Unha das sobremesas máis célebres e populares da gastronomía galega. O nome provén da palabra grega hpyllon, que significa lámina.
En boa parte de Galicia, elabórase con leite, azucre e, ás veces, canela ou cubertas de mel. Noutros lugares, porén, é salgada, e elabórase con caldo de lacón ou carnes e tómase como acompañamento. As filloas caracterízanse por ser o más finas posible.
Empréganse utensilios diferentes na súa elaboración. A tradicional forma de elaboralas era á pedra filloa á pedra, unha pedra plana e quente en competencia coas filloeiras, pranchas de ferro fundido onde se fan varias ao tempo.
A súa época tradicional é o outono e o inverno.
É un doce que permite variar a receita ao gusto do comensal, combinándoas con chocolate, canela, azucre, nata, vainilla…
Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal