CASTELLANO

 

A palabra hummus en árabe significa simplemente garavanzo. Este prato é unha mestura de garavanzos cocidos, aceite de oliva e unha pasta elaborada a base de sementes de sésamo (tahini). Tamén se lle adoita engadir zume de limón. De orixe árabe, caracterízase por ter unha textura cremosa e un sabor intenso.

O hummus forma parte da dieta diaria nos países árabes, colócase no centro da mesa e sérvese con outros alimentos como berenxena asada, pan pita, curry ou arroz.

O hummus úntase e pode acompañarse de olivas, allo, pemento, vexetais frescos…

Beneficios nutricionais

É un alimento rico en proteínas, moi saciante, con baixo contido en graxas e un baixo valor glucémico. A gran cantidade de hidratos de carbono que contén proporciona enerxía. Ademais, achega minerais como o ferro, fósforo, potasio, calcio e magnesio, sen esquecer as súas elevadas doses de vitamina B. Contribúe a regular os niveis de colesterol e, tamén está recomendado en dietas por hipertensión arterial e ten efecto diurético.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 38 times, 1 visits today)