CASTELLANO

 

O millo corvo é unha variedade de millo que se caracteriza pola cor negra do seu gran. O seu nome alude á plumaxe desta ave. Cultivábase entre as zonas boscosas e o millo branco sementado, e servía de protección contra as aves depredadoras, como o corvo. Moi resistente, cultivábase nas terras de peor calidade, empregándose como penso animal.

Os primeiros testemuños de cultivo de millo negro lévannos á localidade de Meiro, pertencente á comarca do Morrazo (Pontevedra), no ano 1618. Xa no século XVIII, e debido ao seu gran rendemento, impúxose ao amarelo, dominando o cultivo do cereal en Galicia.

Tras a súa case desaparición o século pasado, en 1996 lévase a cabo o proceso de recuperación, recorrendo ao asesoramento dos máis anciáns sobre as técnicas de cultivo máis axeitadas e os usos e costumes en relación co seu cultivo.

Ademais de polo seu delicioso sabor, o millo corvo destaca polo seu gran valor nutricional e a gran achega de antioxidantes.

A finais de marzo ten lugar a Festa do Millo Corvo na aldea de Meiro (Bueu) para degustar o pan, tortas, empanadas e doces que se elaboran con esta fariña, dunha característica cor violeta.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 238 times, 1 visits today)