CASTELLANO

 

O mollo ketchup é un dos máis populares do mundo. Orixinario da China, utilizábase para acompañar a carne e o peixe. De feito, parece que a palabra procede do chinés, e significaba «mollo de peixe en escabeche». Era picante e non incluía tomate. Posteriormente, os ingleses importárona no século XVIII.

O ketchup moderno ideouno o norteamericano Henry J.Heinz, que engadiu tomate ao mollo e comezou a comercializalo en 1876. Os tomates eran frescos no inicio e, posteriormente, en vinagre para unha mellor conservación.

Composición

O ketchup non é máis que un mollo a base de tomate concentrado con vinagre, azucre, especias e sal. Tanto o azucre como o sal se atopan en maior porcentaxe que o mollo de tomate, polo que a achega calórica será maior e o seu consumo, polo tanto, debe ser ocasional.

Aceptación cultural

O ketchup adoita utilizarse para realzar o sabor de diversos pratos. Emprégase como aliño de carnes, patacas fritidas, sándwichs, con arroz, con pasta… É presenza case obrigatoria nas preparacións do coñecido fast food ou comida rápida.

Saúde

Posúe vitaminas A, C e K, procedentes do tomate. Aínda que é moi práctico na cociña e confire a certos pratos un agradable sabor, pola súa composición nutritiva está desaconsellado en certas enfermidades. Polo seu carácter acedo debe terse en conta polas persoas con problemas estomacais (gastrite, úlcera) e tamén diabetes, pola porcentaxe de azucre, e hipertensión, polo seu contido en sal.

Ademais, non podemos perder de vista as calorías, 100 por cada 100 gramos, un 25 % máis de calorías que o tomate fritido, que contén unhas 80 calorías cada cen gramos. Se no tomate natural a auga representa o 95 %, no tomate fritido queda no 82 % e no ketchup nun 72 %, é un tomate concentrado.

 

Só se permite a utilización destecontidonoutros sitios web enlazando coa nosaurl, mencionando como fontecomesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal

(Visited 53 times, 1 visits today)