CASTELLANO

 

O apio é unha hortaliza con numerosas propiedades para a saúde e múltiples usos culinarios. É unha das poucas verduras que non perde as súas propiedades nutricionais tras cociñalo.

Posúe un talo groso, oco e estriado, que forma unha grosa penca, e follas verdes. Pode cultivarse todo o ano, aínda que os mellores son os de outono e inverno. Cunha textura crocante, o seu sabor é forte e amargo.

Planta silvestre orixinaria de Oriente Medio, era moi apreciada e utilizábase con fins medicinais: alivio de inflamacións e todo tipo de dores…

«Tanto cru como cocido, o apio achéganos un gran número de beneficios».

Sen dúbida, a forma máis sa de comelo é cru, por exemplo en ensaladas, conservando así as súas vitaminas e minerais. Tamén se pode empregar en sopas, cremas, guisos, zumes. Cociñado é menos indixesto para algunhas persoas.

Posúe un alto poder nutricional e unha baixa achega calórica. É rico en fibra, o que proporciona unha sensación de saciedade, e fácil de dixerir. Entre os minerais que contén destacan o potasio, o magnesio, o sodio e o calcio e, entre as vitaminas, as do grupo B e a K.

Entre os múltiples beneficios que achega:

  • Protexe a saúde cardiovascular, axudando a regular a presión arterial e a baixar os niveis de colesterol.
  • Propiedades antiinflamatorias, grazas aos antioxidantes que contén. É moi recomendable para os doentes de gota e artrite.
  • Favorece a dixestión, prevén úlceras.
  • É depurativo, elimina líquidos retidos.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 99 times, 1 visits today)