CASTELLANO

 

No medio ambiente (solo, po, auga de rego…) pode haber microorganismos patóxenos e elementos químicos que en ocasións poden contaminar as froitas e verduras.

Por este motivo é moi importante unha manipulación axeitada antes do seu consumo.

Na compra 

  • Observa que non teñan mazaduras nin danos externos. A súa superficie ten que estar limpa e sa, co brillo e a cor propia da especie de que se trate.
  • Para o seu transporte á casa, pon as froitas e verduras separadas de carnes, peixes, mariscos e produtos de limpeza.

Na casa

  • En xeral, conserva e verduras na neveira. Dentro dela, deben separarse do resto dos alimentos cociñados e crus e almacenarse na zona menos fría (caixóns).
  • Hai froita e verduras que, pola súa natureza e grao de maduración, poden conservarse a temperatura ambiente, mais sempre por períodos cortos (como cebolas e cítricos en xeral).
  • Cando compres froitas e verduras cortadas e/ou peladas, ou cando as prepares na casa, consérvaas no frigorífico.

Na cociña

  • Manipula sempre as froitas e verduras separadas doutros alimentos, con especial coidado cando se vaian consumir en cru.
  • Lava as mans antes e despois da preparación.
  • Todos os utensilios e superficies de cociña que vaias utilizar deben estar limpos e secos.
  • Corta as partes danadas.
  • Lembra: as herbas aromáticas frescas (pirixel, alfabaca…) e os brotes de sementes (soia) debes lavalas igual que as froitas e verduras.

Como se lavan as froitas e verduras?

  • Lávaas baixo o chorro da billa, aínda que as vaias pelar, pois así evitas que a contaminación pase do coitelo ao alimento.
  • Usa cepillos específicos para as superficies das froitas de casca dura (melón, sandía…) ou algunhas verduras (cogombro, cabaciña…).
  • Sécaas con papel de cociña.
  • Ademais, se vas comer froita crúa con pel, verdura crúa (leituga, espinacas…) ou verdura crúa con pel (cogombro), mergúllaas durante 5 minutos en auga potable con 1 culleriña de sobremesa de lixivia (4,5 ml) por cada 3 litros de auga. Despois acláraas con abundante auga corrente.
  • A lixivia debe estar etiquetada como “apta para a desinfección de auga de bebida”.

Fonte: AESAN (Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición)

 

http://www.aecosan.msssi.gob.es/AECOSAN

(Visited 60 times, 1 visits today)