CASTELLANO

 

O tofu tamén se denomina «queixo de soia» polo seu parecido e a súa textura. É un dos produtos más recorrentes como substituto da carne e, por esta razón, considérase imprescindible na dieta vexetariana e vegana. Converteuse nun alimento esencial para os partidarios da comida sa.

Orixinario da China, o tofu é un imprescindible na cociña oriental e o seu nome actual data do século XV. Foi nos anos 60 do século XX cando chegou a Occidente, a consecuencia do interese crecente pola comida sa.

Que é o tofu?

A súa elaboración realízase mediante a coagulación do chamado «leite de soia» e o seu prensado para separar a parte líquida da sólida, de xeito semellante a como se prepara o queixo. Ten unha textura parecida á do queixo, cor branca crema e adoita presentarse en forma de cubos.

Conservación e elaboración

Pode adquirirse en bloque ou paquetes individuales. Unha vez abertos, hai que conservalos no refrixerador. Hai que lavalos e cubrilos con auga, conservándoos na neveira. Deste xeito, cambiando a auga con frecuencia, pode chegar a conservarse unha semana. Tamén se pode conxelar ata cinco meses.

O tofu dá moito xogo na cociña. O importante son os condimentos. Como ten diferentes consistencias e un sabor neutro, pode combinarse con todo tipo de comidas e sabores. O tofu firme enfórnase, frítese ou ásase, e o máis suave adoita utilizarse para sobremesas e ensaladas.

Beneficios nutricionais

Achega gran cantidade de proteínas e ten un contido baixo en calorías. Entre os minerais que contén, destacamos o ferro e o calcio, así como o manganeso, selenio e fósforo, cobre, zinc e vitamina B1. Está moi recomendado para reducir o colesterol.

Ademais, pode axudarnos a reducir o consumo doutros pratos «menos saudables».

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 32 times, 1 visits today)