CASTELLANO

 

Os pementos de Arnoia proveñen do concello do mesmo nome, na comarca do Ribeiro, no oeste da provincia de Ourense. E tamén se cultivan na parroquia de Meréns, pertencente ao concello ourensán de Cortegada.

Son pementos de gran tamaño a respecto doutros que se producen en Galicia. Son carnosos e de sabor doce.

A colleita iníciase no mes de agosto e prolóngase ata finais de setembro. Recóllense en verde (estado inmaduro intermedio), para a súa comercialización en fresco.

Poden prepararse de diversas formas: asados, fritidos, admiten recheos de diversas mesturas, en tortilla, e incluso se elabora xeado de pementos.

Grazas á Indicación Xeográfica Protexida recuperouse o seu cultivo, tras a súa case desaparición na década de 1960.

A primeira fin de semana de agosto (de xoves a domingo) celébrase tradicionalmente a Festa do pemento de Arnoia, declarada de interese turístico.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 123 times, 1 visits today)